Arquivo de tags

alí

Habitualmente a vida é como unha partida de playstation. Pero determinados días acontece distinto e todo se solidifica.
A vida era playstation o ano pasado cando fun buscar a plataforma do tren que leva a Hogwarts na estación de King’s Cross. Realidade é hoxe: uns nenos fotografábanse alí, seguro, co letreiro 9 e 3/4, mentres uns pés por baixo estouraba unha bomba que circulaba a toda velocidade por un túnel escuro, e retumbaban o chan e as paredes e os muros e o gasoduto próximo, fendíanse os cacharriños que gardan o medo e borrábanse os sorrisos.
Os seus imaxinativos peíños deberon preguntarse qué era iso que sentían.