Deprecated: Function set_magic_quotes_runtime() is deprecated in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-settings.php on line 18

Strict Standards: Declaration of Walker_Comment::start_lvl() should be compatible with Walker::start_lvl(&$output) in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-includes/comment-template.php on line 0

Strict Standards: Declaration of Walker_Comment::end_lvl() should be compatible with Walker::end_lvl(&$output) in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-includes/comment-template.php on line 0

Strict Standards: Declaration of Walker_Comment::start_el() should be compatible with Walker::start_el(&$output) in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-includes/comment-template.php on line 0

Strict Standards: Declaration of Walker_Comment::end_el() should be compatible with Walker::end_el(&$output) in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-includes/comment-template.php on line 0

Warning: session_start(): Cannot send session cookie - headers already sent by (output started at /home/dispara/astuasbalas.com/wp-settings.php:18) in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-content/plugins/wordpress-automatic-upgrade/wordpress-automatic-upgrade.php on line 121

Warning: session_start(): Cannot send session cache limiter - headers already sent (output started at /home/dispara/astuasbalas.com/wp-settings.php:18) in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-content/plugins/wordpress-automatic-upgrade/wordpress-automatic-upgrade.php on line 121

Strict Standards: Redefining already defined constructor for class ftp_base in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-content/plugins/wordpress-automatic-upgrade/lib/ftp_class.php on line 56
As túas balas » spring

Arquivo de tags

catorce

Foi unha primavera radiante: sol, calor, con todos estes grandes e repoludos escoceses deitados nos xardíns, nas beirarrúas, tomando o sol ao pé das estradas e en todos lados, comendo xeados e patatillas. Foi unha primaveira longa, de quince días de moitas horas, porque o sol alumea nesta altura dende as tres. Quince días que estiven pechado na casa, acabando un traballo que me traía tolo, sen ir a concertos prós que tiña entradas, sen pasear, sen facer deporte, sen atenderlle o xardín á veciña de abaixo, vendo dende a fiestra como as froles medraban con forza baixo o mellor sol da primavera.
E hoxe, logo de catorce horas de durmir ininterropidamente, erguinme e aí estaba ela, outra vez: a choiva.

desxeo

A semana foi silenciosa, de moito traballo, con algunhas angustias e algunhas boas novas. Calo, pero mentres tanto os días esténdense, e o sol comeza a bater nas xiadas. Melloro a saúde, a resistencia, a velocidade. Na oficina xa se ven as primeiras gabitas. Voltou a familia rato. Anúncianse as primeiras datas da tempada de visitas. Rematou a invernía.

tose

Levo unha semana e pico pechado nunha casa, tusindo. Traballando tamén, abondo, botando algunhas cousas a andar, pero sobre todo tusindo, sentindo doer a cabeza, despexando uns bronquios suxos como os túneles do metro de Beixín. Con febre, con arrepíos, moitos dos días den voz. Imaxinándome pneumonías. Cando alixeira un pouco a febre saía a dar un paseíño curto, ao súper, ou collía a bici uns minutos pra axudar a abrir o peito, pra botar fóra tanta españa que tiña dentro apegañada.
Diante da fiestra teño a cerdeira, xa só co tronco espido de inverno, e aló no fondo, cando abren as nubes, dexergo os cumios nevados, moito menos nevados do que eu desexaría. Fóra hai faisáns, e mozos borrachos. Na cabeza levo uns 200 grs de mocos e unha recua de historias sen contar, de moitas historias que irán parar ao limbo dos post perdidos, como a dese rapaz romanés que marchara do seu país pra fuxir dos terribles ciúmes do seu mozo, o ministro de Facenda, que agora é camareiro nun bar de torrejón de ardoz, e que cada día que pasa me parece a historia máis triste que nunca me contaron. Historias tamén de moitos libros fermosos, e tamén de visitas, de amigos, de pequenas confidencias, e de proxectos. Historias de barcelona, que é moito máis fermosa no inverno, e tamén historias da viaxe.
Pero non hai tempo, non. O mundo é un xafoi. E onte, nun pequeno paseo á noite, mentres me arrastraba paseniño polo camiño ao súper, pasoume por riba o primeiro chío de gabita: vamos, vamos, a primavera xa está aquí.

sirenas

Cando levo toda unha xornada escoitando comentarios e bromas machistas, vendo como no meu contorno se refiren a todas as mulleres co cualificativo de “furcias da peor especie” ou “feministas”, ou asistindo a como os varóns reflexionan, xa seriamente, sobre o problema do xénero na linguaxe (problema que recoñecen non percibir), chego á casa coa mesma sensación de cando escoitas a ingleses e franceses debater sobre o estado do planeta: prezados amigos dinosaurios, o cretácico xa vai mediado.

Afortunadamente, ao chegar a vilamarple todo estaba envolveito nunha cálida e intensa primavera: púxenme unha camiseta de manga curta e saín pasear ao sol das 9 da noite. As extincións teñen estes puntos fascinantes.