Deprecated: Function set_magic_quotes_runtime() is deprecated in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-settings.php on line 18

Strict Standards: Declaration of Walker_Comment::start_lvl() should be compatible with Walker::start_lvl(&$output) in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-includes/comment-template.php on line 0

Strict Standards: Declaration of Walker_Comment::end_lvl() should be compatible with Walker::end_lvl(&$output) in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-includes/comment-template.php on line 0

Strict Standards: Declaration of Walker_Comment::start_el() should be compatible with Walker::start_el(&$output) in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-includes/comment-template.php on line 0

Strict Standards: Declaration of Walker_Comment::end_el() should be compatible with Walker::end_el(&$output) in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-includes/comment-template.php on line 0

Warning: session_start(): Cannot send session cookie - headers already sent by (output started at /home/dispara/astuasbalas.com/wp-settings.php:18) in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-content/plugins/wordpress-automatic-upgrade/wordpress-automatic-upgrade.php on line 121

Warning: session_start(): Cannot send session cache limiter - headers already sent (output started at /home/dispara/astuasbalas.com/wp-settings.php:18) in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-content/plugins/wordpress-automatic-upgrade/wordpress-automatic-upgrade.php on line 121

Strict Standards: Redefining already defined constructor for class ftp_base in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-content/plugins/wordpress-automatic-upgrade/lib/ftp_class.php on line 56

Strict Standards: Redefining already defined constructor for class ftp in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-content/plugins/wordpress-automatic-upgrade/lib/ftp_class_sockets.php on line 8
As túas balas » Squirrel

Arquivo de tags

morte

Imos nun coche alugado cara ao norte, polas estreitas estradas escocesas. Aos lados van quedando moreas de prados, vacas e ovellas; logo coníferas, principalmente piñeiros de douglas, e despois carballeiras, pero tamén bidueiros, olmos, acivros e outros ramallos, cada un máis verde, máis intenso, máis recendente có anterior. Unhas curvas seguen a outras, con cambios de rasante e pequenas pontellas, e na beiravía aparece de súpeto un esquío vermello, roendo algo, quizais unha piña ou unha noz de cedro. A penas teño vagar de sinalarlla a DjSu. Nun chas o esquío brinca ao medio da estrada, freo, dou un volantazo pra esquivalo por diante, e antes de que me decate de que o librei, sinto un pump na roda dereita de atrás. Miro polo espello cara ao fondo: unha pequena bolsiña de pelo rubio fica no asfalto, cunha cola peluda axitándose no aire, batendo contra o chan, cada vez máis despacio, cada vez máis despacio. Cada vez máis despacio.

wildlife, 1

A zona onde eu vivo está chea de invasores esquíos que arromban sementes, pero aínda os superan amplamente os corvos: todos os prados, todos os ceos e todos os tellados son deles, e tamén os xardíns, os cubos do lixo, os peitorís das fiestras e as caixas de correo. Aquí a vida salvaxe está moito máis perto, case ao alcance da mau.
Onte á noite sorprendín un primeiro raposo gorecerse baixo un coche, e ademais dos moitos coellos que dormen ao pé da fábrica de leite, puiden ver tamén un faisán dende o tren. E o domingo indo pra vila-marple, cruzáronme por riba dous triángulos de gansos que ían rexoubando e cantando: pra ser condutor de primeira, aceleira, aceleira…, pero en gánsico.

días

Levo a penas unhas horas nesta aldea de miss marple, situada a uns corenta minutos andando dunha pequena vilamarple, situada á súa vez a unha media hora en tren dunha gran cidade.
O outono nesta aldeamarple é fabuloso. Xa non é o brillo rubio dos arces nin a verde herba a cachón. Tampouco a poalla e o sol que, ais, agora, aí rapidamente, escintila. Nin os coellos nin os esquíos grises que corrican por acó como se todo isto fose deles, porque o é. O outono é fabuloso nesta aldeamarple malia que vivo nunha residencia cutreira, sen conexión a internet, cunha estraña ducha, sen trebellos de cociña, e pola que pago un prezo bastante excesivo. Ademais, estou nun sitio moi afastado e cústame atopar xente polo camiño: onte crucei cun vello tolleito que andaba en cadeira de motor cun pucho da bandeira escocesa calzado ata as orellas, e pensei ‘vaia, un veciño’.
Pero o outono é fabuloso nesta aldeamarple porque escoitas o maxestuoso voar dos cisnes por riba túa e porque aínda non me atropellaron. E faltou pouco.