Deprecated: Function set_magic_quotes_runtime() is deprecated in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-settings.php on line 18

Strict Standards: Declaration of Walker_Comment::start_lvl() should be compatible with Walker::start_lvl(&$output) in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-includes/comment-template.php on line 0

Strict Standards: Declaration of Walker_Comment::end_lvl() should be compatible with Walker::end_lvl(&$output) in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-includes/comment-template.php on line 0

Strict Standards: Declaration of Walker_Comment::start_el() should be compatible with Walker::start_el(&$output) in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-includes/comment-template.php on line 0

Strict Standards: Declaration of Walker_Comment::end_el() should be compatible with Walker::end_el(&$output) in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-includes/comment-template.php on line 0

Warning: session_start(): Cannot send session cookie - headers already sent by (output started at /home/dispara/astuasbalas.com/wp-settings.php:18) in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-content/plugins/wordpress-automatic-upgrade/wordpress-automatic-upgrade.php on line 121

Warning: session_start(): Cannot send session cache limiter - headers already sent (output started at /home/dispara/astuasbalas.com/wp-settings.php:18) in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-content/plugins/wordpress-automatic-upgrade/wordpress-automatic-upgrade.php on line 121

Strict Standards: Redefining already defined constructor for class ftp_base in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-content/plugins/wordpress-automatic-upgrade/lib/ftp_class.php on line 56

Strict Standards: Redefining already defined constructor for class ftp in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-content/plugins/wordpress-automatic-upgrade/lib/ftp_class_sockets.php on line 8
As túas balas » Stanley

Arquivo de tags

heroes

1. luanda
A pailaroca que nos presenta o filme, como é tan pailaroca como francesa, transmítenos a súa preocupación. A ela gustaríalle que un filme sobre angola fose máis cru, que reflectise dun xeito máis realista a pobreza, a falla de garantías democráticas, a dor da posguerra e a corrupción. Se eses son os africanistas, temos un grave problema. Porque O heroe, de José Gamboa, non é só un filme cru, que fala da pobreza, da desigualdade e da carencia democrática. Tamén fala de amor, e é tenro e fermoso como as vistas aéreas sobre luanda ou a música de tito paris. E implícito sen ser oculto, cru sen ser desagradábel.

2.  pais
A estación seca e O pai son case o mesmo filme, partes complementarias da mesma historia. O pai é anterior, pero está mellor acabada, cun preciosista coidado da beleza. Nótase que neste caso o chadiano Mahamat-Saleh Haroun tivo máis prata. Pero os dous contan a mesma historia da busca dun pai e dunha familia en destrución. N’A estación seca faino a través da vinganza. N’O pai, mediante o abandono. E este Pai, aínda que desfiaña un pouco contra o final, non é só un filme recomendábel. É máis ben un filme imprescindíbel.

3. medos
E despois dun par de documentais non demasiado interesantes nin demasiado ben feitos sobre os bosquimanos, pasei a unha proxección digna de estar na historia do cinema friki. Dust Devil (1993), que poderiamos traducir por remuíño no deserto ou por diaño de pó, segundo vaiamos a un lado ou a outro da escada máxica, foi o segundo filme de Richard Stanley, un sudafricano branco con look sepultura, fillo dunha antropóloga. O resultado é unha road-movie de terror polo deserto de Namibia, con reflexión sobre o desexo de morrer incluída. Francamente divertida, ofrece unhas imaxes dunha sala de cine invadida de area do Kalahari que moitos cinéfilos non poderán borrar endexamais. Dende aquela Stanley non fixo máis películas.