Arquivo de tags

xuno

Juno & Bleek feetTemeroso de que o meu sangue se transformase en néctar de pomelo, ou de que os da marca branca de zumes me enviasen postais polo nadal, paseime ao : é máis barato, é máis quente, e haino desteïnado. Pero ou ben non o desteínan correctamente, ou ben me trabuco de bolsa, pero o caso é ao chegar a noite non hai quen durma. Despois dos somníferos habituais, levo o cine prá cama.
Hai uns días, por recomendación de orsinia, vin a moi divertida película Superbad: malia o título, e malia a inda peor tradución española, non é a típica peli americana de tetas e adolescentes. Ou si. Pero as recomendacións de orsinia continuaban con Juno. Vale que a trama ten puntos moi frouxos, e que a tensión se produce porque agardamos un terrible e tramposo desenlace en calquera momento, pero a tenrura dos personaxes (e a intelixencia) é tan grande, e todo está tan ben dito con tan poucas palabras, que nos últimos dez minutos entrei en barrena lacrimóxena, e xa non sabía se atender os subtítulos, os panos, ou os andares zoupóns de Michael Cera, esa copia do meu amigo Walter levada ao cine. É difícil vela e non desexar ser estadounidense, pero tendo en conta os últimos posts, vou deixar esa cuestión aí pra máis adiante.