Deprecated: Function set_magic_quotes_runtime() is deprecated in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-settings.php on line 18

Strict Standards: Declaration of Walker_Comment::start_lvl() should be compatible with Walker::start_lvl(&$output) in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-includes/comment-template.php on line 0

Strict Standards: Declaration of Walker_Comment::end_lvl() should be compatible with Walker::end_lvl(&$output) in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-includes/comment-template.php on line 0

Strict Standards: Declaration of Walker_Comment::start_el() should be compatible with Walker::start_el(&$output) in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-includes/comment-template.php on line 0

Strict Standards: Declaration of Walker_Comment::end_el() should be compatible with Walker::end_el(&$output) in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-includes/comment-template.php on line 0

Warning: session_start(): Cannot send session cookie - headers already sent by (output started at /home/dispara/astuasbalas.com/wp-settings.php:18) in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-content/plugins/wordpress-automatic-upgrade/wordpress-automatic-upgrade.php on line 121

Warning: session_start(): Cannot send session cache limiter - headers already sent (output started at /home/dispara/astuasbalas.com/wp-settings.php:18) in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-content/plugins/wordpress-automatic-upgrade/wordpress-automatic-upgrade.php on line 121

Strict Standards: Redefining already defined constructor for class ftp_base in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-content/plugins/wordpress-automatic-upgrade/lib/ftp_class.php on line 56

Strict Standards: Redefining already defined constructor for class ftp in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-content/plugins/wordpress-automatic-upgrade/lib/ftp_class_sockets.php on line 8
As túas balas » Tenente Risitas

Arquivo de tags

identidade

Vou de noite no coche de Ian, mentres el dorme as vésperas de sicilia. Veño do cabo de crus, de deixar a máis fermosa das miñas amigas ao pé dunha fiestra que dá ao mar. Hai na estrada unha recua de animais mortos, gatos principalmente, que continúan á mañá seguinte cando marcho pra atenas cosendo outra estrada distinta que é, no fondo, a mesma estrada. Cadáveres, pelexos e remuíños de sangue danme a continuidade do país: hai no fondo casas de cemento, puticlubes, polbeiras, coches que van e veñen escoitando radios e músicas pirateadas, remolques con algo de leitugas, pementos e uns poucos tomates, algúns camións dos do leite, e automóbiles lentos e rápidos, outros con turistas e outros con lamias de 3000 euros, e outros que van discutindo sobre carola e o neno porque carola ten 24 anos e quere ir á festa a ribeira e non hai quen lle coide do neno, e falan tamén dalgunhas poucas cousas de herdanzas e de carpinterías de aluminio, e de retellar, que é o tempo.

supermodelo

A cita de cas johnson inclúe televisión, viño e unha extraordinaria cea de pasta con lagostinos. Xuntámonos pra ver supermodelos eu, eles, a Tenente Risitas e o seu inseparábel Regañas, e tamén Apombiñado, que chega tarde pero guapísimo. Bebemos, fumamos, aledámonos cando a galega graciela consegue continuar unha semana máis no programa, e despois imos marchando bébedos aos poucos, tarde, ou moi tarde.
Pero de camiño prá casa enredo nunha silva e aparezo no fogar dun verdadeiro supermodelo. Ten un corpo duro e impresionante, máis aínda que cando o coñecín hai máis de doce anos. Botou un tempo en ciudad-ajo, traballando na arte e na pasarela, pero de alí volveu coas tres feridas: delas falamos, sobre un pacto asinado de só abrazarse. Pero a cama era estreita como a vida, así que acabamos batendo coa débeda de desexo destes doce anos, que estaba agochada entre as sabas.
Érgome pois en casa allea e antes do mencer, e arranco correndo prá miña casa polas rúas de humidtown. Nesas atópome con gordon: vai petando nas fiestras e nas portas e berrando: esperten, espabilen, veñan sentir o recendo a dátil e balea.

ligazóns

Ando coa tenente risitas, que leva uns días chungos, e rimos. Despois ceo na de Dpaso e familia, e río. E ao remate recibo unha mensa de Johnson&Johnson: tomámoslle unha cantidade de licorcafés menor que cinco, e rimos.
Así que creo que se trataba disto: de rir.

previsión

As últimas xornadas da semana foron un acúmulo de horas de traballo e bebedeira extenuantes. Aos días, baixei á cidade a un curso sobre accesibilidade web que me reconfortou coa vida e co traballo, pero que me gastou as poucas neuronas activas. Ás noites a Tenente Risitas e Spielberg, e tamén Ian, collíanme o ánimo entre todos os brazos, levantábamo e arrandeábamo como se o fosen guindar ao pilón. Pero botábano ao ar e pousábano na felicidade, suavemente. Houbo episodios excitantes, tensións, dilemas, momentos belidos, conversa e escaso repouso. E catarreira.
Na fin de semana recuperei o sono e o territorio da miña casa. Mentres, a Trabando trasplantábanlle o corazón no último momento, a Barataria embargábanlle a conta polas multas da mariguana, e Xastriño mandábame mensas pra convidarme a sexo en atenas na ausencia de meus pais (inutilmente).
Os días que veñen inda van ser peores: máis excitantes, máis decisivos. Seguramente incluso máis fermosos.