Deprecated: Function set_magic_quotes_runtime() is deprecated in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-settings.php on line 18

Strict Standards: Declaration of Walker_Comment::start_lvl() should be compatible with Walker::start_lvl(&$output) in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-includes/comment-template.php on line 0

Strict Standards: Declaration of Walker_Comment::end_lvl() should be compatible with Walker::end_lvl(&$output) in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-includes/comment-template.php on line 0

Strict Standards: Declaration of Walker_Comment::start_el() should be compatible with Walker::start_el(&$output) in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-includes/comment-template.php on line 0

Strict Standards: Declaration of Walker_Comment::end_el() should be compatible with Walker::end_el(&$output) in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-includes/comment-template.php on line 0

Warning: session_start(): Cannot send session cookie - headers already sent by (output started at /home/dispara/astuasbalas.com/wp-settings.php:18) in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-content/plugins/wordpress-automatic-upgrade/wordpress-automatic-upgrade.php on line 121

Warning: session_start(): Cannot send session cache limiter - headers already sent (output started at /home/dispara/astuasbalas.com/wp-settings.php:18) in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-content/plugins/wordpress-automatic-upgrade/wordpress-automatic-upgrade.php on line 121

Strict Standards: Redefining already defined constructor for class ftp_base in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-content/plugins/wordpress-automatic-upgrade/lib/ftp_class.php on line 56

Strict Standards: Redefining already defined constructor for class ftp in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-content/plugins/wordpress-automatic-upgrade/lib/ftp_class_sockets.php on line 8
As túas balas » Teresa Moure

Arquivo de tags

inxenuidade

Gústame moito como escribe Teresa Moure. Pero o seu novo ensaio, O natural é político, é un desalentador desastre. E iso que está ben escrito, e que as últimas páxinas, cando relaciona ecoloxismo con feminismo ou reclama unha literatura non antropocéntrica, teñen unha prosa brillante e gozosa. Pero confunde tanto radicalismo con demagoxia que un se pregunta senón será todo el un exercicio de insensatez. Vou sinalar dous casos, pero non son os únicos.
1. A liña de quarterbacks é que non é o mesmo medioambientalismo ca ecoloxismo. Medioambientalismo (reducindo, se queren afondar lean o libro) é un quero e non podo, un facer coma quen, un reciclar pra que todo siga igual. Ecoloxismo supón unha mudanza de pensamento, pór o ser humano no seu sitio. Ata aí ben. Incluso moi ben. Pero disto derívase, aínda non sei moi ben como, que ceibar milleiros de depredadores feroces nun ecosistema fráxil é un acto de ecoloxismo. Postos a opoñernos á explotación peleteira dos visóns —superafavor—, podiamos roubar 4×4s e empotralos contra escaparates de tendas de abrigos, e así matabamos dous paxaros dun tiro —desculpen a expresión pouco ecolóxica—. Pero que culpa teñen as crías de raposo, as perdices, os coellos, ou as denosiñas? Liberar visóns alóctonos nos montes galegos por ecoloxismo é como loitar contra a caza mandando unha bomba nuclear nos montes do Invernadoiro.
2. A segunda insensatez é de maior calado e deriva dun problema de base: onde están as cifras? No discurso da esquerda, da progresía, do alternativismo, abondan as expresións “o que está claro”, “está demostrado que”, etc., que significan en realidade “non hai datos, pero a teoría conspirativa mola mil”. E iso é o que perde a Moure cando fala do consumo de carne. Na súa defensa do vexetarianismo, a autora salta borrosamente entre dous argumentos: non podemos comer porco porque o porco é coma nós, e a explotación de carne está a destruír o planeta. Do primeiro vou pasar, porque considero que tan coma nós son o porco e o repolo. Pero o segundo é máis preocupante. De feito, Moure asegura que en producir un quilo de carne de vaca gastamos tanta auga como en duchármonos todo un ano. Esquece mencionar na estatística, nos datos, de onde é esa vaca. Eu non xanto vaca normalmente, pero asegúrome de que o año que roio medrou ceibo nos montes escoceses, que o seu consumo de auga é inaprezábel, e que non incide na deforestación da illa senón máis ben na conservación do ecosistema das praderías. Porén o que si tomo é té, e café, especies que afectan directamente a deforestación das zonas tropicais, e que supoñen un elevadísimo consumo de auga. E as cifras de cantas duchas son unha cunca de té, esas, a Moure esquécenlle.
O que non chega a dicir Moure é que a práctica máis ecolóxica, se un é naceu ser humano, é o suicidio. Quizais no fondo tamén este libro é medioambientalista.

catástrofe

Por motivos do guión fago o que non debo: ler 229 páxinas contrarreloxo en 4horas e 45 minutos. Trátase se ‘Benquerida catástrofe‘, de Teresa Moure. Viña agoniado con algunhas malas críticas aquí e acolá, e anque a narradora me dicía “non leas na cama”, e eu mesmo razonaba que ler na cama, de madrugada e contrarreloxo, non era o máis idóneo, deiteime nunha cama provisional, na casa de meus pais, cunha luz rácana e á escoita do dioivo contra as uralitas do patio, pra cubrir o trámite.
Pero, vaites, está xenial! Ten cinco ou seis momentos realmente extraordinarios, e nas fases da identificación paso rapidamente do perfecto estranxeiro á prosmeira escritora, e de aí ao mozote que quere pinar na profe, con apenas un áxil movemento de parágrafo. Novela de amor, claro, porque o amor é a nivea coa que untamos a pel de todos os días, atopo quizais na súa brevidade e na maior delicadeza da tese esa virtude do conciso que non vira en Herba moura. E esa narradora, tan adoito cargante e entremetida noutras novelas do SLG, é simplemente unha pastora brillante que se blinda e que nos leva non ao obvio, senón ao recanto oculto, ao detalle que pasara por alto na lectura contrarreloxo. E así vai chegando a amañecida e tamén a hora de deitarse nun plisplás e espertar nun tren camiño de humidtown.
Ás veces as noites son así.

herbamoura

A primeira vez que tiven contacto con este libro pareceume algo xenial, e non é frecuente. Cando saíu merqueino, pero como xa fora perdendo pulo a miña enerxía, tardei en comezalo. Agora, ademais, comprobo que me custou moito rematalo. De feito, quedou pousado no peitoril interior da miña fiestra durante case tres meses, cun marcapáxinas cara á 300, bloqueando que calquera outro libro pasase por alí ás noites.
Nun pequeno esforzo, lembro o ben que me pareceu o personaxe de cristina de suecia, e cómo me gustou a idea de helène jans, e incluso a perspectiva de velo todo dende o outro lado que é tamén o meu. Por iso me pregunto por que me custou acabala. Momento persoal? O volume de frases e ideas tópicas? Ou esa estraña familia Andrade do último episodio que reúne todos os arquetipos de progresía estírpica? Ata comprendo que Teresa Moure queira reivindicar a verba como patrimonio feminino fronte ao modelo do austero discurso masculino: coa prudencia que aconsellaba carmiña vacaloura, creo que as palabras me pesaron máis cá vontade.

teresa moure

Había tempo, moito tempo, en que non lía un libro tan fascinante. O ensaio ‘A palabra das fillas de Eva’ é provocador sen caer no demagóxico, encirrante sen ser proclama, e revelador sen rozar sequera a autoaxuda. Ben escrito, ben estruturado, arramplador por momentos, como cando narra un parto ou cando constrúe un videoxogo.
Moito mellor, onde vai parar, có ensaio sobre as linguas, preocupantemente non gañou o premio de ensaio ao que se presentaba e que si levou o do idioma perfecto. E quizais non fose casualidade. Dicía o outro día Lobby V. na radio que ‘A palabra das fillas de Eva’ está a pasar moi discretamente: editado en verán, non tivo (case) presentacións… Certamente non imaxino o editor-que-ten-máis-ego-ca-queixelo construíndo e deconstruíndo as palabras ao falar.
Traballo de subversión prós vindeiros meses: mercar este libro e agasallalo, a moreas.