Arquivo de tags

tintinoloxía

Ferre descóbreme un verdadeiro tesouro: Tintín y el loto rosa, un exercicio narrativo e ensaístico sobre Tintín tan interesante coma a desputa coa Fundación Moulinsart pola publicación dunha trabe da tintinoloxía sen ningunha imaxe de Tintín. A historia detectivesca é breve pero contundente e fermosa, e o momento en que Tintín lle lambe a crica a Catherine Deneuve vai ser difícil de esquecer. Ora ben, os mil exemplares que se puideron editar andan agora polos 300 € en eBay.