Arquivo de tags

ídolo

Lois TobíoPor estas cousas do destino, e nunha edición que me cede o sempre xeneroso Ian, leo As décadas de TL, a autobiografía de Lois Tobío. Nesta illa é moi frecuente escribir biografías e autobiografías, que contan cun dos espazos máis sobranceiros nas librarías, mentres que en lingua galleta son porén aves raras. O groso volume de 700 páxinas engánchame ao café e aos desvelos e deixa que se consuman as madrugadas entre unha edición que desencola, abre e esborralla. Esta autobiografía non é un capítulo de feitos políticos, aínda que probablemente puidese escribir andeis sobre grandes eventos do pasado, nin é unha vinganza nin un choro melancólico, senón un exercicio de prosa áxil que fía os feitos históricos cos beizos dunha alemá no berlín prenazi, cos baños turcos de Sofia ou co primeiro ford taunus que merca en uruguai. É a autobiografía dun señoriño corrente e humilde que, nas máis pequenas cousas, brilla como o gran home que deberían lembrar os días da historia. Un home que, malia morrer con 97 anos, non me apurei a coñecer, e dóeme grandemente.
Porque agora teño claro que de maior quero ser Lois Tobío.