Deprecated: Function set_magic_quotes_runtime() is deprecated in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-settings.php on line 18

Strict Standards: Declaration of Walker_Comment::start_lvl() should be compatible with Walker::start_lvl(&$output) in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-includes/comment-template.php on line 0

Strict Standards: Declaration of Walker_Comment::end_lvl() should be compatible with Walker::end_lvl(&$output) in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-includes/comment-template.php on line 0

Strict Standards: Declaration of Walker_Comment::start_el() should be compatible with Walker::start_el(&$output) in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-includes/comment-template.php on line 0

Strict Standards: Declaration of Walker_Comment::end_el() should be compatible with Walker::end_el(&$output) in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-includes/comment-template.php on line 0

Warning: session_start(): Cannot send session cookie - headers already sent by (output started at /home/dispara/astuasbalas.com/wp-settings.php:18) in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-content/plugins/wordpress-automatic-upgrade/wordpress-automatic-upgrade.php on line 121

Warning: session_start(): Cannot send session cache limiter - headers already sent (output started at /home/dispara/astuasbalas.com/wp-settings.php:18) in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-content/plugins/wordpress-automatic-upgrade/wordpress-automatic-upgrade.php on line 121

Strict Standards: Redefining already defined constructor for class ftp_base in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-content/plugins/wordpress-automatic-upgrade/lib/ftp_class.php on line 56

Strict Standards: Redefining already defined constructor for class ftp in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-content/plugins/wordpress-automatic-upgrade/lib/ftp_class_sockets.php on line 8
As túas balas » tv

Arquivo de tags

spoiler

picture-1O terceiro capítulo de Flash Forward é malo de solemnidade. Mira que estaba emocionado cos dous primeiros, pero este novo capítulo, especialmente nos seus últimos minutos, é un dominó de despropósitos e desaxustes.
Podo entender que edifiquen novos cárceres en Múnic, pois se cadra o asunto das prisións é unha cuestión de seguridade nacional. Podo comprender que inventen unha rexión en Somalia pra non pagarlles dereitos de autor aos somalís. Podo admitir que o nazi teña 86 anos en 2009, dezaseis ao comezo da II Guerra Mundial, pois calquera idade é mala pra montar un holocausto. Podo conceder que o ordenador do FBI vaia lento, mostre datos agora si e agora non, e teña unha visualización dos primeiros supermarios, mais quizais estea funcionando sobre windows vista. Podo incluso pasar que desenvolvan prá ocasión sistemas de detección das poboacións de aves, pois o I+D+i é un sector que nos sacará da crise. E dóeme ata na conciencia, pero podo transixir con semellantes erros taxonómicos e de distribucións de especies de aves, a tiro de calquera wikipedia.
Pero o que non me entra na cabeza é que lles fixen eu pra fodérenme a ficción de tal maneira.

chapuzas

Un dos aspectos máis desacougantes da cultura británica é a rectitude moral que leva á delación. Así, non deixa de ser arrepiante un programa como Rogue Traders, que busca acabarlle coa vida persoal, social e laboral a fontaneiros, cerralleiros, carpinteiros e electricistas que non traballan ao xeito. Sería un formato así exportable a Galicia?
Sigue lendo este post no Teleclube»

carnivàle

Samson at CarnivàleGrazas a ese degustador de exquisiteces que é willysifones, acabo de rematar os capítulos da primeira tempada de Carnivàle. A sensación xeral é de preguiza: como amante do banal, a requiloria sobre o mal e o ben fáiseme demasiado pesada, e moitas veces chego ao minuto 35 mirando prá lámpada ou buscando arañas polo teito e desexando que peche por esta noite a función do circo. Tamén é verdade que ao lado dos previsibles lugares comúns de méxico e dos templarios está un atractivísimo gañán orelludo e medio trenco; que ao carón desa prosodia fastiante do reverendo está o camiñar agudo do anano Samson; que ao pé de efectos especiais de serie f brilla unha historia de amor fermosa e tráxica, como todas as verdadeiras historias de amor.
Ademais o último capítulo, que eu acabo de ver cando se achega a toma de antibióticos da alba, é tan electrizante que boto con urxencia a nasa no torrente pra apañar a segunda tempada. Willy saberá.

machos

Adán (Machos)Todo Nada falaba o outro día da serie chilena Machos. A diarrea bótame diante da tele ás 16:30 e vexo un episodio. Podería dicir que non entendo cómo o máis macizo da serie (Adán, na foto) é virxe e falsamente gai a unha idade tan interesante coma os 28 anos. Pero en realidade non entendo nada. É tan mentireiro que o español de Galiza e o de Chile son intelixibles entre si, coma que o son o galego e o portugués de Lisboa. Se ser uma mesma língua é pillar as frases que non teñen graza eu quero ser unha lingua distinta e que me subtitulen. Coñecedes software para subtitular blogs?
A quen me explique o significado da palabra ‘fleto’ aplicada a un macho, convídoo a unha copa de limonada alcalinada. Teño unha botella de catro litros para repartir. Grazas, doutor Iglesias.