Arquivo de tags

equipo A

Envexa, dicía magago. Tristura, engado, ao contemplar os anos luz que nos separan, en todos os sentidos. Vía Ronsel vexo un especial fotográfico sobre o equipo do Presidente. É flipante a serie de retratos, pero esquezámonos agora de imaxes vas: nestes momentos de subhasta da ilusión, é posible confiar nun equipo onde a xente se apelida Mastromonaco, Solís, Shinseki, Pfeiffer, Chu, Strautmanis, McCaskill, Orszag? É posible confiar nun equipo onde tres dos conselleiros persoais do Presidente teñen 24, 26 e 27 anos?

Ou mellor, pódese confiar nun equipo que non os teña?

eu non podo

A pesar do que cantan estes señores, eu non podo. Non podo votar nas primarias estadounidenses, como tampouco poderei votar nas presidenciais de novembro. Nin sequera podo mercar niquis, chapas ou puchas de propaganda, porque só mandan os portes todo o máis lonxe a Porto Rico e a Samoa Americana. Pero si, claro, nós podemos.