Arquivo de tags

infiltrados

Como non todo poden ser filósofos franceses, e por un culpa dun erro encadeado, acabo vendo Punto de vantaxe, un filme sobre o intento de asasinato do presidente estadounidense na praza maior de salamanca. Con dicir isto pode parecer abondo, pero non: é peor. Hai ademais presecucións en coches da policía local salmantina, medios de comunicación que son o goberno, tramas absurdas cruzadas absurdamente, un par de centos de cabos soltos e un tipismo hispano de escarallarse. E algo máis que me deixa inquieto, a pesar de ser loiro: o novo terrorismo é latino-musulmán, e hai que irse preparando.
Mentres me rebolen na cabeza media ducia de teses posíbeis, e flipado coas imaxes de ambulancias voando, monto na bicicleta. Agora xa é completamente de noite, e como mas roubaron o outro día, vou sen luces. Paso semáforos en vermello, acelero a todo o que me dan as pernas, derrapo, cruzo carrís, salto direccións prohibidas, subo beirarrúas, baixo escaleiras e finalmente chego á residencia dos campionatos, suado, coa adrenalina a tope. Filmes coma este habían de estar prohibidos.