Arquivo de tags

ox

Nesta quincena última na ghalleira percibín algunhas punzadas de ilusión. Algunhas viñéronme da lectura de Una fantasía del doctor Ox, de Jules Verne, editado por unha pequeneira empresa ateniense. Ademais do fantástico e divertido texto, do que vou tocando letra a letra con pracer, está ese belido despropósito que é dar ao prelo un feixe de papel, ben traducido e preparado. A contratempo, si, pero a prol do tempo.

verneville

A primeira ollada é sorprendente. Unha cidade nova, dinámica, que mestura maris modernas con mozos que tocan o acordeón nos bares do peirao fluvial, que está inzada de ermos industriais, guindastres, museos e casas oitenteiras, e que foi capaz de converter unha vella fábrica de galletas nun pub-restaurante-llibraría- sala de exposicións que é o verdadeiro símbolo da cidade actual.
Así as cousas, semella demasiado obvio dicir que entendo que Verne nacese aquí. É obvio, pero dígoo.