Deprecated: Function set_magic_quotes_runtime() is deprecated in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-settings.php on line 18

Strict Standards: Declaration of Walker_Comment::start_lvl() should be compatible with Walker::start_lvl(&$output) in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-includes/comment-template.php on line 0

Strict Standards: Declaration of Walker_Comment::end_lvl() should be compatible with Walker::end_lvl(&$output) in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-includes/comment-template.php on line 0

Strict Standards: Declaration of Walker_Comment::start_el() should be compatible with Walker::start_el(&$output) in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-includes/comment-template.php on line 0

Strict Standards: Declaration of Walker_Comment::end_el() should be compatible with Walker::end_el(&$output) in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-includes/comment-template.php on line 0

Warning: session_start(): Cannot send session cookie - headers already sent by (output started at /home/dispara/astuasbalas.com/wp-settings.php:18) in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-content/plugins/wordpress-automatic-upgrade/wordpress-automatic-upgrade.php on line 121

Warning: session_start(): Cannot send session cache limiter - headers already sent (output started at /home/dispara/astuasbalas.com/wp-settings.php:18) in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-content/plugins/wordpress-automatic-upgrade/wordpress-automatic-upgrade.php on line 121

Strict Standards: Redefining already defined constructor for class ftp_base in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-content/plugins/wordpress-automatic-upgrade/lib/ftp_class.php on line 56

Strict Standards: Redefining already defined constructor for class ftp in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-content/plugins/wordpress-automatic-upgrade/lib/ftp_class_sockets.php on line 8
As túas balas » Vilamarple

Arquivo de tags

explicación

Nada semella haber máis doado ca deixar de obrar; a acción, pola contra, ten os seus amargores e os seus problemas. Escribir ben parece, xa que logo, unha empresa máis difícil ca non escribir nada, confésoo; pero non escribir nada e termar da pluma por prudencia, por reserva, por precaución, é unha reserva pra máis dun autor. Esa inclinación lévaos a escribir. É unha violencia que os arrastra. Polo tanto, deter esa inclinación e sacrificar voluntariamente o amor propio á prudencia é gañar moito sobre un mesmo.

O abade Dinouart, ‘A arte de calar’, 1771.

Vilamarple, 14.1.2008Despois dun mes dándolle á zoca ao longo e largo da península ibérica, durmo por primeira vez na miña casa en vilamarple. A contaminación, os transportes públicos, o ruído estrondoso e constante, os fumadores legais e tramposos, e seguramente o estrés de todos estes días acabaron provocándome unha febre alta, unha gran conxestión en nariz e bronquios e unha dor de cabeza intensa. Ademais, supero a barreira dos 70 kg por primeira vez grazas á frecuencia das paparotas e á dificultade de facer deporte.
Pero agora estou aquí, tranquilo, vendo como o sol gabea unha cuarta por riba do horizonte, cómo o río baixa coa forza das últimas nevaradas, meténdome ibuprofenos de importación e recuperándome. Moi feliz de estar na miña casa.

arrabaldo

É moi satisfactorio aproveitar a mañá do domingo pra dar unha volta polos barrios pobres. Así que de cedo collo a bicicleta e enfío cara a torbrex, un arrabaldo de casas todas iguais e xardíns tan sen rozar que poderían ser eiras. Alí están os xoguetes abandonados, as bicicletas rotas, as igrexas católicas, as latas de cervexa entre as follas dos ameneiros. Tamén vive alí a xente ruda, a xente que te mira como dubidando se ostiarte nese momento ou agardar a que o faga o veciño de a carón. Pero de súpeto cruzo a autoestrada por unha pontella e todo muda: aparecen as ovellas, estreita a estrada e comeza unha lenta e tortuosa ascensión por entre arbustos de froita e herbais. Poalla, así que no alto dun outeiro paro e tiro os lentes: ao leste, un encoriño pequeno; ao oeste, unha lene extensión de montes que, canto máis lonxe, máis se mesturan coa poalla. E por diante, unhas dez millas de volta pra pasar sucesivamente do campo aos barrios pobres, logo ao centro, e logo outra vez aos barrios pobres. Ao meu barrio pobre.

feluxe

Hoxe, cando ía devolver un libro sobre compostaxe á biblioteca municipal, os tellados de vilamarple estaban cubertos de desenfeluxadores. E volveume a punzar o tempo.
É isto a melancolía?

sirenas

Cando levo toda unha xornada escoitando comentarios e bromas machistas, vendo como no meu contorno se refiren a todas as mulleres co cualificativo de “furcias da peor especie” ou “feministas”, ou asistindo a como os varóns reflexionan, xa seriamente, sobre o problema do xénero na linguaxe (problema que recoñecen non percibir), chego á casa coa mesma sensación de cando escoitas a ingleses e franceses debater sobre o estado do planeta: prezados amigos dinosaurios, o cretácico xa vai mediado.

Afortunadamente, ao chegar a vilamarple todo estaba envolveito nunha cálida e intensa primavera: púxenme unha camiseta de manga curta e saín pasear ao sol das 9 da noite. As extincións teñen estes puntos fascinantes.

casa

Estes últimos foron uns días terríbeis. Non ter conexión de internet na casa estase convertendo nun verdadeiro suplicio: síntome desprazado, como se o mundo me deixase á marxe, fóra do vieiro dos acontecementos e dos sentidos.
A semana que vén terei casa nova, ou algo semellante. Deixarei atrás aldea-marple e mudareime a vilamarple, a vivir na rúa de laracroft preto dunha ponte medieval (outra vez), nunha zona húmida con constante ameaza de asolagamento. Destes tres meses levo moito máis cá lembranza dun outono. A ver qué pasa agora.
Programa de fin de semana: atletismo, sexo co malaísio e o luns, mudanza. Ah, e traballo. Moito. E ler por terceira vez o Éxodo de daniel salgado, a ver se lle entendo algo o do colghós.

(actualización: a mudanza terá que agardar unha semana máis. Non lles deu tempo a meter a moqueta. A ver onde paro estes días…)