Arquivo de tags

camiño

Por motivos exclusivamente laborais realizo 26 quilómetros dun trozo lugués do camiño de humidtown. Fágoos en bici. Xanto nun espremedor de peregrinos, contemplo milleirais, carballeiras, encoros baleiros, vilas destruídas e terrazas que nacen nunha revolta dos galpóns pra vender cokes e fantas.
Disque o camiño dá pra cavilar sobre un, pra reflexionar sobre a vida, a morte e a televisión. A min pasoume así: o que vin fíxome pensar en escribir “Sexo no Camiño”, o que sen dúbida podería ser un beséler. Pero 26 quilómetros non me deixaron claro se debe ter formato de guía pra viaxeiros ou de novela.
Que Kaplan, dende a súa nova casa, me aconselle.