Deprecated: Function set_magic_quotes_runtime() is deprecated in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-settings.php on line 18

Strict Standards: Declaration of Walker_Comment::start_lvl() should be compatible with Walker::start_lvl(&$output) in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-includes/comment-template.php on line 0

Strict Standards: Declaration of Walker_Comment::end_lvl() should be compatible with Walker::end_lvl(&$output) in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-includes/comment-template.php on line 0

Strict Standards: Declaration of Walker_Comment::start_el() should be compatible with Walker::start_el(&$output) in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-includes/comment-template.php on line 0

Strict Standards: Declaration of Walker_Comment::end_el() should be compatible with Walker::end_el(&$output) in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-includes/comment-template.php on line 0

Warning: session_start(): Cannot send session cookie - headers already sent by (output started at /home/dispara/astuasbalas.com/wp-settings.php:18) in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-content/plugins/wordpress-automatic-upgrade/wordpress-automatic-upgrade.php on line 121

Warning: session_start(): Cannot send session cache limiter - headers already sent (output started at /home/dispara/astuasbalas.com/wp-settings.php:18) in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-content/plugins/wordpress-automatic-upgrade/wordpress-automatic-upgrade.php on line 121

Strict Standards: Redefining already defined constructor for class ftp_base in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-content/plugins/wordpress-automatic-upgrade/lib/ftp_class.php on line 56

Strict Standards: Redefining already defined constructor for class ftp in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-content/plugins/wordpress-automatic-upgrade/lib/ftp_class_sockets.php on line 8
As túas balas » working class

Arquivo de tags

sánduiches prós obreiros

CascoA medida que pasan as semanas e a relación con este país se vai facendo máis estable, aparécenseme detalles que antes pasaran desapercibidos, afogados polo conxunto de novidades escintilantes. Un destes detalles son, claramente, os obreiros. Obreiros e non obreiras, porque como ben me dixera aquela sueca na illa de gorée, os dous países máis machistas de Europa son o reino unido e españa. Uns obreiros que andan cheos de roña ata as orellas e que pasean orgullosamente a súa sucidade de competición no banco, no súper e na rúa a calquera hora. Uns obreiros, que en vez de comer tortilla nuns bares que non existen, collen os seus sánduiches de pan de molde e métense nos coches, sós ou por parellas, e miran o tempo chover e refollan a prensa das tetas, sen sacaren os cascos nin os petos fosforitos, mentres os vidros embafan e ao pouco xa só se intúe o fosforito e un recendo interior a pintura, humidade, po, suor, tabaco e confeitura de repolo.

arrabaldo

É moi satisfactorio aproveitar a mañá do domingo pra dar unha volta polos barrios pobres. Así que de cedo collo a bicicleta e enfío cara a torbrex, un arrabaldo de casas todas iguais e xardíns tan sen rozar que poderían ser eiras. Alí están os xoguetes abandonados, as bicicletas rotas, as igrexas católicas, as latas de cervexa entre as follas dos ameneiros. Tamén vive alí a xente ruda, a xente que te mira como dubidando se ostiarte nese momento ou agardar a que o faga o veciño de a carón. Pero de súpeto cruzo a autoestrada por unha pontella e todo muda: aparecen as ovellas, estreita a estrada e comeza unha lenta e tortuosa ascensión por entre arbustos de froita e herbais. Poalla, así que no alto dun outeiro paro e tiro os lentes: ao leste, un encoriño pequeno; ao oeste, unha lene extensión de montes que, canto máis lonxe, máis se mesturan coa poalla. E por diante, unhas dez millas de volta pra pasar sucesivamente do campo aos barrios pobres, logo ao centro, e logo outra vez aos barrios pobres. Ao meu barrio pobre.

clase baixa

Armado de vontade, e sen saber moi ben como se me portaría o xeonllo, plantifiqueime en glasgow pra asistir a unha ceilidh do grupo gai da universidade. O concepto é que un conxunto de música supostamente tradicional bota unhas pezas e propón unha serie de coreografías tamén supostamente tradicionais, que os gais e as lesbianas alí reunidos, con kilt ou sen kilt, tentamos executar todos xuntos. É francamente divertido, a pesar do tradicional.
Por unha serie de erros lingüísticos en cadea perdo o último tren, e ábrome á posibilidade de durmir na estación, ou de evitalo. Bótolle o ollo a unha especie de piollo loiro, con cara de nativo: chámase paul, estuda francés (asegura), e é moi inglés nesta terra de escoceses, cos seus dentes metade desaparecidos e metade negros, a súa roupa de segunda man e un pasaporte que sinala como lugar de nacemento norfolk, que vén ser algo así como vilalba. Boto o resto e dáme cama nas aforas da cidade, nun barrio de casas desnartelladas, habitado de raposos, e onde seguro que filmaron calquera de kenloach. Resulta ser un romano católico, pero iso non lle estorba á hora de zugala, tenra e agradablemente; pasámolo ben, e espertamos tarde, moi tarde.
Fóra seguía chovendo. Miro pola fiestra da súa casa pequena, compartida cunha solteira vella e grosa, e vexo gasodutos, e cables, e colectores de lixo, e vidros rotos. Axiña pillaremos o bus que nos irá desprendendo, pouco a pouco, deste olor a clase baixa.