Deprecated: Function set_magic_quotes_runtime() is deprecated in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-settings.php on line 18

Strict Standards: Declaration of Walker_Comment::start_lvl() should be compatible with Walker::start_lvl(&$output) in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-includes/comment-template.php on line 0

Strict Standards: Declaration of Walker_Comment::end_lvl() should be compatible with Walker::end_lvl(&$output) in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-includes/comment-template.php on line 0

Strict Standards: Declaration of Walker_Comment::start_el() should be compatible with Walker::start_el(&$output) in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-includes/comment-template.php on line 0

Strict Standards: Declaration of Walker_Comment::end_el() should be compatible with Walker::end_el(&$output) in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-includes/comment-template.php on line 0

Warning: session_start(): Cannot send session cookie - headers already sent by (output started at /home/dispara/astuasbalas.com/wp-settings.php:18) in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-content/plugins/wordpress-automatic-upgrade/wordpress-automatic-upgrade.php on line 121

Warning: session_start(): Cannot send session cache limiter - headers already sent (output started at /home/dispara/astuasbalas.com/wp-settings.php:18) in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-content/plugins/wordpress-automatic-upgrade/wordpress-automatic-upgrade.php on line 121

Strict Standards: Redefining already defined constructor for class ftp_base in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-content/plugins/wordpress-automatic-upgrade/lib/ftp_class.php on line 56
As túas balas » Youssou N’Dour

Arquivo de tags

música negra

RizePra maximizar o gasto, pillo o tren e marcho a embiburgo pra ver dous filmes practicamente seguidos. O primeiro é ‘Rize‘, que vén sendo algo así como Ergherse, dito en negro, e é o segundo documental que vexo en pouco tempo sobre breakdance. Este céntrase no combate entre uns pretos disfrazados de pallasos e uns pretos disfrazados de violentos no sur dos Ánxeles. O baile é unha especie de reguetón axitado, onde os bailaríns pintan a cara de cores e tratan de mover o van e o cu máis rápido ca ninguén, a medio camiño entre o boxeo e o circo dos muchachos (con padre silva e todo): antropoloxicamente é delicioso, pero no plástico chega ao máximo: véxoo nun cine pequeno, ao lado dun chavaliño preto de dezasete: cunha man acariña o seu chándal, coa outra sostén unha camariña dixital pra gravalo ben todo. Así que a estas alturas, ao sur da cidade, un grupiño de nenos pretos e chineses estarán en chándal vendo a peli e dicíndose mutuamente flipo neno.
A segunda non é tan xenial. O documental é agora sobre unha viaxe de Youssou N’Dour de Dakar aos Estados Unidos e volta, relacionándose con distintos estilos de música negra americana. ‘Volta a Gorée‘ ten algúns momentos paveros, pero é sosona, logo aborrecida e finalmente fedorenta incluso pra min, que son superfán de N’Dour. Se tivese só un chisquiño de ironía poderiamos rir de toda a mentira da illa de Gorée, de toda a mentira do escravismo, de toda a mentira da música negra e de toda a mentira dos 40 dólares que lle piden a un ianqui por unha pescada na praza de abastos de Dakar. Pero non a hai, e a trascendencia abafa e afoga incluso a voz máis amarga de todo o continente.

ascetismo / maldizón

Un slip de springfield. A bolsa de viaxe que merquei o mes pasado. Un libro sobre weblogs. Vinte CDs orixinais, dende os diplomáticos a Youssou N’Dour. Un álbum de Neil Gaiman, acabadiño de comprar para que non mo tivese que emprestar mariademallou. Un cargador de móbiles nokia. A colección de xabróns apañados no último ano de hoteis. Un pantalón da tempada 02-03 que xa me apertaba no van. As chaves (casa, traballo, cadeado da bici). O chaveiro, agasallado por Fufli e que xa antes fora vello chaveiro nun hotel do Cairo. Outros cinco libros. O sistema de peche do coche. E máis cousas miñas, e inda moitas máis de plattdorf, foi o que levaron os ladróns de dentro dunha fermosa peugeot azul aparcada na rúa Mártires da Liberdade do Porto, a sesenta metros dunha comisaría.
- - - - - - -
A metade dos quince ou vinte tólares que nos quedaran nos petos ao saír de eslovenia deixáraos no coche, e foron roubados hai unhas semanas polos ladróns en humidtown logo de fenderlle un vidro de atrás a Lola. A outra metade das moedas gardáralla a plattdorf, e non lla entregara ata o venres: el metera o botiño das moedas na mochila e a mochila no maleteiro do coche.
As dúas metades dos tólares están agora por fin reunidas no alén da delincuencia.